11.30.2015

Obradoiro de ciencia e radio a cargo de Manuel Vicente

O Larchán do Cotarelo xa está de volta ás andadas. Tivemos a sorte de contar coa visita de Manuel Vicente, divulgador científico, que dirixe o programa Efervesciencia, na Radio Galega. Que mellor maneira de celebrar o mes da ciencia en galego que facendo radio!
Os mozos e as mozas de 3º de ESO estiveron experimentando coa aplicación para Android "Tape Machine", a mesma que utilizan hoxe en día xornalistas da radio profesional, e puideron facer as súas primeiras pezas de radio sobre unha temática científica.
Non perdades a pista que, de seguro, este obradoiro vai dar os seus froitos en breve. Hai moito Larchán con gañas de contar cousas na radio. 
Podedes facer clic aquí para dar unha vista de ollos ao programa Efervesciencia.





Nenhum comentário:

Postar um comentário