4.22.2009

día do libro 09


O ENDL do cotarelo ten preparado, en colaboración coa vicedirección, unha interesante charla para celebrar o Día do libro. Mañá xoves, día 23, contaremos coa presenza do prestixioso profesor Alonso Montero que impartirá unha conferencia sobre o autor ao que este ano se lle dedica o Día das Letras: "Ramón Piñeiro e o seu tempo". Na actividade participarán os alumnos e alumnas de 1º e 2º BAC, e comezará ás 12 do medio día.


4.20.2009

ponlle nome ao teu equipo III


Picando no cartel podes consultar as bases dunha nova edición do concurso de nomes para os equipos das ligas deportivas do centro.

3.31.2009

o antroido no vai parar



Aí está o grupo gañador das coplas do Entroido 2009 no Cotarelo. "Somos cuarto de, os do pedecé" fixo unha versión do tema dance de DJ SONIC, A festa non vai parar, que triunfa en moitas discos galegas, e agora tamén noutras partes, como nesta discoteca de CATALUÑA, no MOGUDA FESTIVAL DANCE.
Noraboa a Kelly, Sergio, Laura, Lucía, Hakima, Tati, Diego, Jorge, e a Miriam e Pablo que tamén botaron unha man.
A gravación corresponde a un ensaio, porque o día do concurso non tiñamos cámara...
A versión orixinal tela aquí

chegou o larchán

Velaí a portada do larchán 16. Un novo número da revista promovida polo ENDL do Cotarelo. Variada e bonita, pero como o mellor é comprobalo, podes vela e lela picando aqui.

2.11.2009

ponlle NOME ao teu equipo

Despois do éxito da convocatoria para a liga de fútbol, agora no baloncesto...
(Pica na imaxe para vela mellor)

2.06.2009

a primeira

Tardei máis do que debía, pero xa estou aquí. Son o larchán do cotarelo, e a cada pouco aparecerei por aquí con cousas bonitas, que vexo que hai por aquí, no Instituto onde vivo, o Cotarelo.