3.31.2009

o antroido no vai parar



Aí está o grupo gañador das coplas do Entroido 2009 no Cotarelo. "Somos cuarto de, os do pedecé" fixo unha versión do tema dance de DJ SONIC, A festa non vai parar, que triunfa en moitas discos galegas, e agora tamén noutras partes, como nesta discoteca de CATALUÑA, no MOGUDA FESTIVAL DANCE.
Noraboa a Kelly, Sergio, Laura, Lucía, Hakima, Tati, Diego, Jorge, e a Miriam e Pablo que tamén botaron unha man.
A gravación corresponde a un ensaio, porque o día do concurso non tiñamos cámara...
A versión orixinal tela aquí

chegou o larchán

Velaí a portada do larchán 16. Un novo número da revista promovida polo ENDL do Cotarelo. Variada e bonita, pero como o mellor é comprobalo, podes vela e lela picando aqui.