11.04.2011

video-conferencia no día da ciencia en galego

Éxito total da video-conferencia do investigador Ánxel Carracedo no Cotarelo. Os alumnos e alumnas de 4º ESO e 1º BAC disfrutaron dunha amena charla científica do Catedrático de Medicina legal realizada desde Natal, Brasil.
O despregue técnico da mesma chamou a atención dos asistentes que puideron escribir as súas mensaxes a través do chat, aínda que non realizaron ningunha pregunta ante a avalancha das mesmas que se produciu por parte dos centros participantes, un total de 97 de toda Galicia.
A actividade foi organizada pola Coordinadora Galega de ENDL, para celebrar que o noso idioma e tan válido como calquera para a investigación e difusión científica, tal como demostra a traxectoria do investigador convidado. Se che apetece escribir algo sobre o tema envíao ao noso correo olarchancotarelo@gmail.com
Aí quedan algunhas imaxes do acontecemento



11.03.2011

o día da ciencia en galego do ano 2010

Video-reportaxe da celebración do Día da Ciencia en galego na Praza de Galicia en Vilagarcía. Foi o 4 de novembro de 2010 e participaron os IES de Carril, Castro Alobre e Cotarelo. A realización foi cousa do equipo de audiovisuais do EDL do Cotarelo. A CIENCIA EN GALEGO NA RÚA

11.02.2011

marchamos?

Xa está aí o II Día da ciencia en galego. Para ir abrindo boca aí queda a curtametraxe realizada polo almunado de 3º de ESO do instituto con motivo da celebración do I Día da Ciencia en Galego celebrado en novembro de 2010. Foi un proxecto do EDL coa colaboración do Departamento de Tecnoloxía.

6.02.2011

presentación de ENORMIC BANDA no Cotarelo




PRESENTACIÓN DA REVISTA DE BANDA DESEÑADA "ENORMIC BANDA"
Hoxe xoves tivo lugar a presentación do número 12 da revista de banda deseñada ENORMIC BANDA, realizada por alumnos e alumnas dos centros de Secundaria do Salnés. No acto participou un grupo de alumnos e alumnas en representación dos autores, o escritor Manuel Portas, autor do prólogo e representantes da Coordindora do Salnés. Tivo lugar no Salón de Actos do IES Armando Cotarelo de Vilagarción, que estaba repleto de rapaces do centro.

36 rapaces e rapazas e un colectivo para 31 historias. O Enormic deste ano é deles..., e de todos vós. Porque erades moitos máis. E aínda que ao final os vosos traballos non estean na revista, esta é o resultado do voso esforzo e da vosa creatividade, que como se ve é moita.

Os mozos e mozas artistas do Salnés son capaces de converter as horas que pasan diante da tele en historias de papel, de Picachus, Sing Chans, Garfields e Bob Esponxa, e mais Pocoeu remexidos nas historias.

Ou cando Rihana e mais Lady Gaga, acaban a trompadas, no papel, claro. Nin Bones, nin CSI superan as roldas de recoñecemento das historias do Enormic. Tamen descubrimos que as mellores historias de fantasmas son as nosas. E aínda que pensedes que non tamén é cousa de Física (de Punset) e Química dos átomos e as palabras.

Aínda que, non vos enganar, nada máis abrir a revista tamén descubrimos que os nosos rapaces len a Ferrín, e cóntano moi ben con debuxos.

E, como non, moito amor. Que non falte. Se fai falla, tamén se compite por el, ás carreiras en bicicleta. Que por amor a serpe comeu o rato. E amizade e compañeirismo, e traizón tamén. E a beleza, a de dentro e mais a de fóra.

Moita música tamén, moitos decibelios e as palabras. Violinistas que tocan rock duro e humor e chistes, como non. E aventuras e, non vos estrañedes, moito pensamento e reflexión e soños...

Con isto e coa man que nos botaron para a portada, Uxío López, e Manuel Portas para o prólogo, xa temos o prato rematado. Enormic Banda 12. Que vos aproveite.

Autor da portada: Uxío López

Uxío López naceu en Irún en 1958, aínda que vive en Vilagarcía dende hai anos. Din del que é un artista orixinal, que non segue ningún tipo de criterio preestablecido. El mismo di que comeza un cadro cunha serie de erros, e a obra xorde a partir da corrección deses erros a través do sentimento. O resultado final e o proceso detido nun intre en que o que procuraba resplandece á súa vista.

Realizou múltiples exposicións: "Coincidencias" circuitos da Xunta de Galicia, "Círculos" en Fexdega,"7 Patinazos", xunto con Paco Leiro, Manolo Paz etc. Así como exposicións individuais: "Aluminio"en la galería Borrón 4 de Cambados,"Vinteporvinte" na galería Arcana en Vilagarcía de Arousa, así como na galería Sargadelos de Santiago de Compostela. Tamén “Caixa de sorpresas”em Tokonoma Iluminación de Santiago, “Barullo Branco” en Vilagarcía, e nestes momentos expón Inéditos+Audiovisual Barullo Branco no SPAF de MrMisto de Vilagarcía.


Autor do limiar: Manuel Portas

Manuel Portas naceu en Barcelona, en 1960, pero as súas orixes familiares están en Vilaxoán. É profesor de lingua e literatura galegas no ensino secundario en Santiago de Compostela. Destaca o seu labor en obras didácticas e pedagóxicas e tamén no campo da análise sociolingüística, onde salienta Lingua e sociedade na Galiza (1990), obra de referencia obrigada na sociolingüística galega. Colaborador habitual da prensa compostelá, tamén partiacipou no goberno do Concello de Santiago durante dous mandatos.
En 2010 publicou a súa primeira novela,
Denso recendo a salgado.

Acaba de presentar outro libro baixo o título de Un dedo manchado de tinta.

DATOS DE INTERESE SOBRE A REVISTA

Tiraxe de 1400 exemplares de 47 páxinas repartidos nos centros que forman parte do proxecto da Coordinadora.

Centros que forman parte da Coordinadora de ENDL do Salnés:

IES Miguel Ángel González

IES Castro Alobre
IES Armando Cotarelo
IES Bouza Brey
IES A Basella
IES Faro das Lúas
IES Illa de Arousa
IES RamónCabanillas
IES Francisco Asorey
IES Vilalonga
IES Monte da Vila
IES de Barro

4.13.2011

semana da ciencia 2011 no cotarelo

No transcurso desta semana estamos a celebrar no Instito a Semana da Ciencia. Hai unha chea de actividades moi interesantes, que recolleremos no Larchán. O Equipo de Normalización Lingüística tamén contribuiu coa organización dunha Aula de Cine, o martes 12, na que o alumnado de 3º e 4º de ESO, así como o de 1º BAC e o PCPI, puido ver e Escoitar varias das entrevistas do interesante proxecto ENGALEGOTAMENSEFAICIENCIA. Tamén puideron disfrutar cos videos elaborados polo alumnado de terceiro para o DÍA DA CIENCIA EN GALEGO, que se celebrou o pasado novembro.


4.01.2011

comeza o obradoiro de curtametraxes

Este luns, 21 de marzo, deu comezo o Obradoiro de Curtametraxes impartido por Mr Misto Films

Aí quedan unhas imaxes da actividade, promovida polo EDL do Centro.



3.14.2011

Sobre a "famosa" Marta de Gran Hermano

Marta fíxose famosa por saír no GH e por falar sobre o galego. Seguro que xa viches o video, aquí.
Alex, de 3º ESO, enviounos este artigo sobre Marta e as súas opinións. Non ten desperdicio.

En fin…
Cada día sorpréndome máis do ignorante que é moita xente. Parece que nos estamos convertendo neses nobres castelás que chegaron aquí fai séculos para acabar co galego pero coa diferenza dos métodos empregados, aínda que teñen algunhas semellanzas. Por exemplo, eles impuxeron o castelán en todo menos no pobo, grazas ao cal esta escrito isto da maneira na que está e non doutra, á forza. Agora, os propios galegos, manda demo, son os que marxinan á súa lingua. Criticándoa sen sentido alí por onde van.
Un bo exemplo desta falta de cultura está nos comentarios que fixo unha concursante galega de Gran Hermano nesta edición. Entre outras parvadas dicía que o galego era de paletos! Pero para máis información dividiu a forma de falalo por brutalidade, máis bruto e menos bruto. Merécese un aplauso…
E para rematar, unha lembranza da súa ‘enriquecedora’ vida: ``estaba ela nun pub e tal, cando se decatou de que unha amiga acompañaba a un rapaz tal, moi fermoso e lle pediu que os presentase e tal. Ela así o fixo e tal, pero cando el contestou en galego e tal, á pregunta de cómo se chamaba, dis que lle deu unha baixada de azucre e de tal.´´ Ja, ja, xD.
Aquí a nosa amiga atopara un novo síntoma das baixadas de azucre, coñecer a alguén que fale galego. Pois nada, a exterminalos a todos. Veña home!
Como dixo un amigo, matala era pouco. Pero non vos confundir, este elemento non odia a súa lingua, quérea dende a distancia.
En fin…, como di miña nai, é máis doado ensinarlle algo aos tontos que aos testáns. Aínda así, a amiga coa que falaba intentou cambiar o seu punto de vista comentándolle que o galego era un lingua fermosa, que lle gustaba o seu acento e demais pero ela sacou o seu repertorio e para finalizar a clase de filosofía dixo: ‘eu para falar un idioma mal non o falo.’ Claro que naturalmente mente, se non xa me diredes como fixo para empaparnos de tanta intelixencia. Aposto o que sexa a que é a típica persoa que di que fala ben o castelá. Claro que cando petan á porta, inmediatamente solta: ‘Están petando a la puerta’
Ante tal hipocrisía só queda algo por dicir: VIVAMOS COMO GALEGOS!.... e FALEMOS...

Alex, 3º ESO

3.03.2011

XVII Concurso de adhesivos do Salnés

Estes días temos no centro a mostra dos traballos finalistas e dos premiados na edición deste ano do Concurso de adhesivos que organiza a Coordinadora de EDL do Salnés



2.23.2011

enormic banda 2011

O próximo 28 de febreiro remata o prazo. Aínda estás a tempo de presentar a túa creación para unha nova edición da revista de cómic do Salnés.

2.15.2011

imaxes qrt m8

Aí quedan unhas fotos. Moito amor. Éxito total do adhesivo da campaña. Seguimos a nos querer m8

2.09.2011

días de amor, lingua de amor

estes días de amor, xa sabes...

obradoiro de curtametraxes no cotarelo


O prazo para a inscrición no obradoiro de curtas amplíase ata o día 15 de febreiro. Os días de celebración do mesmo serán os mércores ou os luns.
Os contidos serán:

TEORÍA: 9 horas. Distribuidas en tres sesións de 3 horas, nas que se tratarían os conceptos:
Guión: formato, idea, sinopse, personaxes e guión literario.
Preprodución: Como se organiza unha rodaxe? Labores de cada membro do equipo técnico.
Do papel á pantalla. Narrativa audiovisual, tipos de plano. Equipo de dirección.
Preparación para a rodaxe: pautas para o manexo dunha cámara semiprofesional, nocións básicas de iluminación e de son.

- GRAVACIÓN: 6 horas. Supervisión técnica durante a gravación do traballo final.

O obradoiro estará impartido pola empresa MrMisto Films