
Hoxe xoves tivo lugar a presentación do número 12 da revista de banda deseñada ENORMIC BANDA, realizada por alumnos e alumnas dos centros de Secundaria do Salnés. No acto participou un grupo de alumnos e alumnas en representación dos autores, o escritor Manuel Portas, autor do prólogo e representantes da Coordindora do Salnés. Tivo lugar no Salón de Actos do IES Armando Cotarelo de Vilagarción, que estaba repleto de rapaces do centro.
36 rapaces e rapazas e un colectivo para 31 historias. O Enormic deste ano é deles..., e de todos vós. Porque erades moitos máis. E aínda que ao final os vosos traballos non estean na revista, esta é o resultado do voso esforzo e da vosa creatividade, que como se ve é moita.
Os mozos e mozas artistas do Salnés son capaces de converter as horas que pasan diante da tele en historias de papel, de Picachus, Sing Chans, Garfields e Bob Esponxa, e mais Pocoeu remexidos nas historias.
Ou cando Rihana e mais Lady Gaga, acaban a trompadas, no papel, claro. Nin Bones, nin CSI superan as roldas de recoñecemento das historias do Enormic. Tamen descubrimos que as mellores historias de fantasmas son as nosas. E aínda que pensedes que non tamén é cousa de Física (de Punset) e Química dos átomos e as palabras.
Aínda que, non vos enganar, nada máis abrir a revista tamén descubrimos que os nosos rapaces len a Ferrín, e cóntano moi ben con debuxos.
E, como non, moito amor. Que non falte. Se fai falla, tamén se compite por el, ás carreiras en bicicleta. Que por amor a serpe comeu o rato. E amizade e compañeirismo, e traizón tamén. E a beleza, a de dentro e mais a de fóra.
Moita música tamén, moitos decibelios e as palabras. Violinistas que tocan rock duro e humor e chistes, como non. E aventuras e, non vos estrañedes, moito pensamento e reflexión e soños...
Con isto e coa man que nos botaron para a portada, Uxío López, e Manuel Portas para o prólogo, xa temos o prato rematado. Enormic Banda 12. Que vos aproveite.
Autor da portada: Uxío López
Uxío López naceu en Irún en 1958, aínda que vive en Vilagarcía dende hai anos. Din del que é un artista orixinal, que non segue ningún tipo de criterio preestablecido. El mismo di que comeza un cadro cunha serie de erros, e a obra xorde a partir da corrección deses erros a través do sentimento. O resultado final e o proceso detido nun intre en que o que procuraba resplandece á súa vista.
Realizou múltiples exposicións: "Coincidencias" circuitos da Xunta de Galicia, "Círculos" en Fexdega,"7 Patinazos", xunto con Paco Leiro, Manolo Paz etc. Así como exposicións individuais: "Aluminio"en la galería Borrón 4 de Cambados,"Vinteporvinte" na galería Arcana en Vilagarcía de Arousa, así como na galería Sargadelos de Santiago de Compostela. Tamén “Caixa de sorpresas”em Tokonoma Iluminación de Santiago, “Barullo Branco” en Vilagarcía, e nestes momentos expón Inéditos+Audiovisual Barullo Branco no SPAF de MrMisto de Vilagarcía.
Autor do limiar: Manuel Portas
Manuel Portas naceu en Barcelona, en 1960, pero as súas orixes familiares están en Vilaxoán. É profesor de lingua e literatura galegas no ensino secundario en Santiago de Compostela. Destaca o seu labor en obras didácticas e pedagóxicas e tamén no campo da análise sociolingüística, onde salienta Lingua e sociedade na Galiza (1990), obra de referencia obrigada na sociolingüística galega. Colaborador habitual da prensa compostelá, tamén partiacipou no goberno do Concello de Santiago durante dous mandatos.
En 2010 publicou a súa primeira novela, Denso recendo a salgado.
Acaba de presentar outro libro baixo o título de Un dedo manchado de tinta.
Tiraxe de 1400 exemplares de 47 páxinas repartidos nos centros que forman parte do proxecto da Coordinadora.
Centros que forman parte da Coordinadora de ENDL do Salnés:
IES Miguel Ángel González
IES Armando Cotarelo
IES Bouza Brey
IES A Basella
IES Faro das Lúas
IES Illa de Arousa
IES RamónCabanillas
IES Francisco Asorey
IES Vilalonga
IES Monte da Vila
IES de Barro
Nenhum comentário:
Postar um comentário