4.22.2009

día do libro 09


O ENDL do cotarelo ten preparado, en colaboración coa vicedirección, unha interesante charla para celebrar o Día do libro. Mañá xoves, día 23, contaremos coa presenza do prestixioso profesor Alonso Montero que impartirá unha conferencia sobre o autor ao que este ano se lle dedica o Día das Letras: "Ramón Piñeiro e o seu tempo". Na actividade participarán os alumnos e alumnas de 1º e 2º BAC, e comezará ás 12 do medio día.


4.20.2009

ponlle nome ao teu equipo III


Picando no cartel podes consultar as bases dunha nova edición do concurso de nomes para os equipos das ligas deportivas do centro.