11.11.2013

A CIENCIA, EN GALEGO


Por cuarto ano consecutivo celebramos o DÍA DA CIENCIA EN GALEGO. O vindeiro martes 12 de novembro, a Coordinadora Galega de ENDL convida a todos os centros educativos non universitarios a participar en dúas videoconferencias vía web, na que destacados investigadores galegos da Universidade de Santiago de Compostela achegarán temáticas de interese curricular para o noso alumnado e os proxectos científicos que desenvolven na actualidade. Ademais de seguir a videoconferencia, os centros escolares que desexen participar teremos a posibilidade de interaccionar con eles vía chat a través dunha sala virtual de fácil manexo. 
O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA, e os DEPARTAMENTOS DE CIENCIAS E DE FÍSICA E QÜÍMICA do Cotarelo participará nesta actividade que se desenvolverá en centos de institutos de Galicia a mesmo tempo. O alumnado de Bacharelato asistirá á Videoconferencia de Jorge Mira, titulada "Como medir as distancias e os tamaños da terra, a Lúa e o Sol".

10.28.2013

QUE MEDO!!!

Aí ven o Samaín 2013, que como todos os anos... METE MEDO!!!
PARTICIPA NO CONCURSO E PODERÁS GAÑAR GRANDES PREMIOS


6.19.2013

cotarelo style

No pasado entroido, o grupo de 3º ESO C sorprendeunos coa súa particular versión do Gangdam Style. O Equipo de audiovisuais do EDL e o Departamento de música producen este videoclip con María, Andrea, Lucía e Sara como protagonistas. É O COTARELO STYLE!!!
cotarelo style from larchandocotarelo on Vimeo.

6.10.2013

así foi #recitandocelsoemilio

O pasado 12 do 12 ás 12 ía pasar algo na entrada do Cotarelo. A sorpresa, como verás neste vídeo non se desvelou ata o final. Parabéns aos alumnos e alumnas de 1º de ESO que recitaron o poema Deitado fronte ao mar de Celso Emilio Ferreiro, sobre unha base musical de David Gándara. Estabamos celebrando, xunto con centos de centros do país o centenario do nacemento do escritor. Foi unha convocatoria da Coordinadora Galega de ENDL
recitandocelsoemilio12 from larchandocotarelo on Vimeo.


4.17.2013

premio LEIXAPRÉN 2013. Participa!

Ti podes ser a chave!!! O teu voto conta!!! Se queres, podes votar polo teu candidato ou candidata ao premio LEIXAPRÉN sobre o uso do galego, entrando na intranet do Cotarelo https://www.cotarelo.ga, no apartado ENQUISAS, e votar directamente.
Aquí che presentamos os candidatos e candidatas. O máis votado ou votada será o escollido polo centro na votación da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística.