2.20.2015

Dalle ao Play. A radio do Cotarelo na Cadena Ser

Amigos e amigas, o noso proxecto de radio escolar vai adiante e pouco a pouco imos vendo resultados. O pasado xoves 12 de febreiro fomos visitar a emisora de Radio Arousa co grupo de FPB-Informática.
Puidemos coñecer como funciona a radio desde dentro grazas ao equipo da Ser de Vilagarcía, especialmente Eloy Magariños, presenciar o programa magazine en directo e participar nel falando do noso proxecto de radio.
Foi unha experiencia inesquecible. Agora só temos ganas de facer máis radio.
Esta semana comezaremos a reproducir os programas da nosa radio no vestíbulo do instituto durante os recreos e colocaremos un buzón de suxerencias e peticións. Animádesvos a participar?
Chegando ao local da Ser ainda había un pouco de excepticismo

Pero cando entramos comezamos a descubrir que isto mola
Eloy mostrounos como funciona a radio e como evolucionou nos últimos tempos

E entramos nas ondas, que emoción!


Aris explicouse con moita naturalidade

E Ramón marcando personalidade

Alex ata fixo un amigo, Pedro Expósito, locutor de Radio Arousa

Homes e mulleres anuncio no día da paz

A paz é unha palabra fermosa, non é? E porque non publicala a toda voz, ou máis ben, a todo cartel. Isto foi o que fixeron os compañeiros e compañeiras de ciclos formativos no día da paz. Convertíronse en homes e mulleres anuncio pregoando mensaxes de paz. Brav@s

Día da ciencia en galego 2014

O pasado 19 de decembro celebramos o Día da Ciencia en Galego con varias demostracións de física, química e matemática a cargo dos profesores Chema e Xosé Carlos e alumnos e alumnas da ESO. Aquí tedes algunhas fotos daquel día.





Aquí vemos a Pablo, Cristina, Lara e Silvia dándoo todo cos acertixos matemáticos.





Eis unha simulación do accidente do Casón. Un barquiño de papel cargado con unha pedra de sodio e... a pouco máis e temos que activar o protocolo de evacuación!



Aquí o profe Chema nos explicaba como alterar o Ph soprando nun tubo de ensaio.
Maxia? non, ciencia!