11.04.2011

video-conferencia no día da ciencia en galego

Éxito total da video-conferencia do investigador Ánxel Carracedo no Cotarelo. Os alumnos e alumnas de 4º ESO e 1º BAC disfrutaron dunha amena charla científica do Catedrático de Medicina legal realizada desde Natal, Brasil.
O despregue técnico da mesma chamou a atención dos asistentes que puideron escribir as súas mensaxes a través do chat, aínda que non realizaron ningunha pregunta ante a avalancha das mesmas que se produciu por parte dos centros participantes, un total de 97 de toda Galicia.
A actividade foi organizada pola Coordinadora Galega de ENDL, para celebrar que o noso idioma e tan válido como calquera para a investigación e difusión científica, tal como demostra a traxectoria do investigador convidado. Se che apetece escribir algo sobre o tema envíao ao noso correo olarchancotarelo@gmail.com
Aí quedan algunhas imaxes do acontecemento



11.03.2011

o día da ciencia en galego do ano 2010

Video-reportaxe da celebración do Día da Ciencia en galego na Praza de Galicia en Vilagarcía. Foi o 4 de novembro de 2010 e participaron os IES de Carril, Castro Alobre e Cotarelo. A realización foi cousa do equipo de audiovisuais do EDL do Cotarelo. A CIENCIA EN GALEGO NA RÚA

11.02.2011

marchamos?

Xa está aí o II Día da ciencia en galego. Para ir abrindo boca aí queda a curtametraxe realizada polo almunado de 3º de ESO do instituto con motivo da celebración do I Día da Ciencia en Galego celebrado en novembro de 2010. Foi un proxecto do EDL coa colaboración do Departamento de Tecnoloxía.