6.19.2016

Dálle ao Play fala sobre Manuel María

A piques de rematar o curso, os traballos do alumnado de 1º sobre Manuel María, elaborados no 3º trimestre, saen á luz na radio do noso centro "Dálle ao Play". Son unha serie de podcast, de uns 4 minutos cada un, onde se abordan diferentes aspectos da vida, obra e pensamento do poeta. Non vos perdades unha visita pola web da nosa radio facendo clic aqui: podcasts Manuel María en "Dálle ao Play"


2.15.2016

Dálle ao Play cambia de laño

Ben, xa sei que hai algún e algunha ansios@ por que poñamos a andar a nova páxina da radio do Cotarelo. De momento estamos dándolle forma porque queremos poñela ben ghuapa pero para que vaiades cheirando e, por que non, deixándonos comentarios na Caixa da Radio, aí vos vai o enlace: Dálle ao Play
Podedes ir vendo a estética da páxina e algún programa do ano pasado porque os deste ano ainda os temos que "depurar". Animádevos a deixar comentarios!


Qrt m8

Xa sabes, podes dicirllo tamén na lingua do amor

Enormic Banda curso 2015-2016

Un ano máis convocámosvos a participar coas vosas creacións na revista de banda deseñada da Comarca do Salnés Enormic Banda.

A Coordinadora de Equipos de Dinamización Lingüística editará cos traballos seleccionados revistas que repartiremos polos centros de ensino.  

Anímate a participar.

Os traballos deberán ser dunha ou dúas carillas en cor ou en branco e negro.

Tendes ata o 12 de Abril para entregar os vosos cómics.

12.17.2015

Aquí tedes un revoltallo con todas as palabras que precisastes e fostes recollendo ao longo desta semana. Sa sabedes, todo isto e moito máis poderedes atopalo nas vosas lecturas. Aproveitade estas vacacións para ler!!

11.30.2015

Obradoiro de ciencia e radio a cargo de Manuel Vicente

O Larchán do Cotarelo xa está de volta ás andadas. Tivemos a sorte de contar coa visita de Manuel Vicente, divulgador científico, que dirixe o programa Efervesciencia, na Radio Galega. Que mellor maneira de celebrar o mes da ciencia en galego que facendo radio!
Os mozos e as mozas de 3º de ESO estiveron experimentando coa aplicación para Android "Tape Machine", a mesma que utilizan hoxe en día xornalistas da radio profesional, e puideron facer as súas primeiras pezas de radio sobre unha temática científica.
Non perdades a pista que, de seguro, este obradoiro vai dar os seus froitos en breve. Hai moito Larchán con gañas de contar cousas na radio. 
Podedes facer clic aquí para dar unha vista de ollos ao programa Efervesciencia.





2.20.2015

Dalle ao Play. A radio do Cotarelo na Cadena Ser

Amigos e amigas, o noso proxecto de radio escolar vai adiante e pouco a pouco imos vendo resultados. O pasado xoves 12 de febreiro fomos visitar a emisora de Radio Arousa co grupo de FPB-Informática.
Puidemos coñecer como funciona a radio desde dentro grazas ao equipo da Ser de Vilagarcía, especialmente Eloy Magariños, presenciar o programa magazine en directo e participar nel falando do noso proxecto de radio.
Foi unha experiencia inesquecible. Agora só temos ganas de facer máis radio.
Esta semana comezaremos a reproducir os programas da nosa radio no vestíbulo do instituto durante os recreos e colocaremos un buzón de suxerencias e peticións. Animádesvos a participar?
Chegando ao local da Ser ainda había un pouco de excepticismo

Pero cando entramos comezamos a descubrir que isto mola
Eloy mostrounos como funciona a radio e como evolucionou nos últimos tempos

E entramos nas ondas, que emoción!


Aris explicouse con moita naturalidade

E Ramón marcando personalidade

Alex ata fixo un amigo, Pedro Expósito, locutor de Radio Arousa